miércoles, 21 de diciembre de 2011

BO NADAL!


Con esta postal que fixeron os alumnos e alumnas de 2º curso felicitamos a todas as familias do 1º Ciclo.


Bo Nadal e Feliz Ano


A entrada do Cole encheuse estes días de Postais de Nadal. Grazas a todas as familias pola vosa colaboración.
Noraboa a Sofía Giráldez de 2º curso, que gañou co lema que escribiu cou súa familia.

sábado, 3 de diciembre de 2011

Aventuras polos mares do Sur.





O venres día 25 tivemos a sorte de contar con Nacho o pai de Lia de 1º. Veu ata o noso cole para poder ensinarnos algúns videos e fotografias da súa última marea , alá polos mares do Polo Sur preto das illas Malvinas. Contounos cousas moi interesantes para coñecer a vida dura dos mariñeras, que coma él, botan moitos meses lonxe das familias.Tamén vimos un video dunha foca que chegou ao barco entre as redes.

Equipo Santa Cecilia.

    

O mércores día 23 os nenos e nenas do primeiro ciclo recibimos a visita de Javier Rodríguez, mestre especialista en Educación Musical do CEIP A Guia. Achegouse ata Abelendo para presentarnos o seu equipo de instrumentos musicais: "O equipo Santa Cecilia". Pasámolo moi ben: cantamos, escoitamos, bailamos, divertímonos... Dende aquí querémoslle agradecer o seu tempo e adicación. Graciñas, Javier, e ata pronto.

miércoles, 30 de noviembre de 2011

Árbores do primeiro ciclo


O outono está chegando. Os rapaces e rapazas decidimos encher o noso corredor coas árbores autóctonas da nosa zona: castiñeiros, maceiras,...

O noso corredor estanos quedando moi ben, xa parece que se respira mellor con tanta natureza.

Tamén estamos a estudar as diferentes formas das follas que teñen as árbores.

domingo, 27 de noviembre de 2011

Magosto en Abelendo






Xa pasamos o magosto e comemos castañas a fartar que asaron as profes Elisa M, Pili e o profe Pedro. Pasámolo moi ben e aprendemos xogos tradicionais ós que xogaban os nosos avós.
Este ano xogamos aos aros musicais coa profe Elisa.
O profe Odilo ensinounos a rodar os aros tradicionais. Isto si que é difícil. Fai falla moita práctica para manter ben o aro.
O profe Xosé Manuel ensinounos a xogar á ferradura. Para este xogo hai que ter moita puntería e tamén moito coidado, pois algún rapaz do noso ciclo casi rompe un cristal coa ferradura.