viernes, 16 de marzo de 2012

EXPERIMENTOS COA AUGA (IV PARTE)

O xoves, día 15 de marzo, continuamos o Primeiro Ciclo cos nosos experimentos coa auga.
A profe Sesi preparounos outro "geiser"




Necesitamos:
1. Auga quente nunha botella pequena. Mellor
sé e de cristal para que
non flote.
2. Colorante, témpera pode valer, para poder ver o efecto da auga.
                                               
 Todos mirabamos, a ver que pasaba...
 O "geiser verde", resultou ter pouca forza, pero todos vimos de cerca como a auga quente subía.
Comprobamos que os científicos, teñen que facer moitas probas e non cansarse nunca, para poder demostrar cousas importantes.


 Vimos outro experimento.
Nunha botella había unha pegatina. Era unha foto de de dous surfistas. Se mirabamos a través da botella baleira, víase con poucos detalles, pero cando enchemos a botella de auga, viamos moi ben a foto.
Conclusión:
A auga fai o efecto dunha lupa, amplía o tamaño.


Para terminar a sesión vimos un video sobre o uso responsable da auga.
O protagonista chamábase "GOTÍN" e parecíase a nós,
o día do Entroido, porque era unha gota de auga.

lunes, 12 de marzo de 2012

8 DE MARZO - DÍA DA MULLER



O día 8 de marzo celebramos no cole o día da muller.
A Biblioteca preparouse para unha visita especial.
Visitounos NOELIA PÉREZ,
unha muller de Moaña.



Falounos a todos os nenos e nenas do cole da súa vida e de como chegou a ser campiona de taekondo. Díxonos cousas moi interesantes.
 Respondeu a moitas preguntas e ata fíxonos unha demostración.
Ao final fixémonos unha foto con ela todo o Primeiro Ciclo.
Grazas Noelia por virnos a contar estas cousas.

jueves, 8 de marzo de 2012

IMOS AO TEATRO


Por fin, chegou o día da excursión!
O mércores 7 de marzo.
Collimos o autobús ás 11 no cole.
Antes de entrar no teatro ainda tivemos tempo de xogar na Alameda de Vigo.





                                                    
Fomos os grupos de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria 
  

Vimos
"A pastasma do palco"
Eran seis actores e músicos
moi divertidos

Saíron a bailar Cristian e Xacobe de 4º curso

viernes, 2 de marzo de 2012

EXPERIMENTOS COA AUGA III

O xoves, día 1 de marzo, continuamos cos nosos experimentos coa auga.
Aí estabamos todos os de primeiro e segundo esperando con moito interese.
 


Que nos tería preparado a profe Sesi?

 

Primeiro vimos como flotaban os icebergs no noso océano.
Tocamos o xeo e notamos como se convertía en auga líquida.
Caían gotas, gotas, gotas...




Vimos como se derretían os trozos de xeo.

Tamén vimos a auga líquida converterse en vapor.

 

Agora, botamos deterxente en auga e despois...
Burbullas, e máis burbullas...

 


Caían pola mesa e aínda podíamos estar hoxe alí soprando.

 


Coa agua quente, metímola nun bote, botámoslle témpera vermella. E fixemos...
un volcán dentro da auga, porque a auga quente tende a subir. Isto chámase un "geiser".

Ao final vimos como as flores de papel abríanse na auga. Parecían nenúfares.

Así rematamos a sesión de experimentos. Ata a próxima.