miércoles, 4 de julio de 2012

FIN DO CURSO 2011-2012

 O día 22 de xuño rematou o curso cun estupendo festival,
no que participaron todos os cursos.
Aquí estabamos todos os de Primeiro,
agás Alejandra que a despedimos onte.
 A nosa actuación foi a de Rata Linda en Compostela.
 Saíunos moi ben porque xa somos
grandes artistas.
 O festival foi no ximnasio e estaba cheo de nenos, nenas
e pais e nais.
 Fixéronnos moitas fotos.
 O conto ten un final feliz.
Agora imos xuntos a un lugar.
Que lugar?
Santiago de Compostela
por mirar a catedral.
Os alumnos/as de 2º iban caracterizados
para facer un rap.
 Levaban as camisetas que pintamos
para o correlingua.
 Fixeronno moi ben.
O rap falaba dos meses do ano.
 Cada neno ou nena era un mes.
E falando de meses,
ata o mes de setembro
que nos volveremos a ver.
Pero os de segundo en terceiro
e os de primeiro en segundo.
VIVAN AS VACACIÓNS!