domingo, 30 de marzo de 2014

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

O xoves día 27 de marzo celebramos o día mundial da poesía. Xuntámonos todos na Biblioteca do cole para recitar poesías. Os nenos e nenas do 1º ciclo recitamos unha poesía de Antonio Teijeiro e outra de José María Álvarez Blázquez.



miércoles, 12 de marzo de 2014

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O día 10 de marzo, tivemos a sorte de ter no noso cole a Nieves Justo Rey   que nos contou moitas cousas sobre o seu traballo de redeira.



viernes, 7 de marzo de 2014

Este ano polo entroido, Dino propúsonos una serie de complementos que debíamos levar ó longo da semana: perrucas, naris pintada, colares...Nos cumplimos con todos e cada unha das súas ordes.
Para rematar a semana disfrazámonos de piratas e "navegamos" polas rúas de Abelendo en busca de tesouros que poidésemos coller. Chegamos moi cansos e con moita fame de novo o cole. Menos mal que alí esperábamos una gran merendola que fixeron as nosas familias.

Que rico estaba todo!!!!!
Moitas gracias a todos/as.