jueves, 22 de mayo de 2014

CROSS DE ABELENDO



Para finalizar esta semana tan intensa, celebramos o noso tradicional cross. Nel participamos todos os nenos e nenas do cole e tamén os pais/nais e mestres que queren. Despois, para repoñer forzas, merendamos un bo bocadillo e unha botella de auga xentileza da AMPA. Para rematar a mañá, recibimos as nosas correspondentes copas e medallas. Pasámolo moi ben e deunas moita pena que rematara esta semana tan fantástica.

martes, 20 de mayo de 2014

VISITA DE DANIEL COSTAS.

O xoves 15, continuando coa celebración das letras galegas, tivemos a sorte de ter con nós ao poeta moañés Daniel Costas.
Contounos moitas cousas sobre a súa afición favorita: a poesía. Gracias a cal tivo moitos premios. Falounos tamén sobre a publicación dos seus libros.
Recitounos algunha das súas poesías favoritas e outras que el mesmo compuxo.
Pasamos unha xornada moi agradable co padriño que é, de Breixo de 1º curso .


LETRAS GALEGAS

Este ano celebramos "O Día das Letras Galegas"durante toda a semana do 12 ao 17 de maio.
O luns tivemos a sorte de ter con nós a Rafael , o avó de Nerea, que nos contou as súas viaxes polo mundo.
O martes fomos ó Correlingua que se celebrou en Bueu. Pasámolo moi ben.

jueves, 15 de mayo de 2014

PLANTAMOS ÁRBORES

 

Os nenos e nenas de E.Infantil e 1º Ciclo plantamos árbores no patio do colexio. Viñeron a nai de Markus que se chama Paula e o seu compañeiro Alfonso. Contáronos cousas moi interesantes sobre as plantas e os seus coidados. Agora temos que coidalas entre todos e non nos podemos esquecer de regalas.