lunes, 22 de junio de 2015

Chegou o Verán

   



   Despois dun longo curso de traballo chegou o merecido descanso. Pero antes mirade como foi a nosa despedida:



  O Xoves fumos de excursión a A Guarda. Alí visitamos unha conserveira de grelos, xogamos no parque e no río, comemos na praia fluvial de os Muiños e na fortaleza do Castelo de Santa Cruz competimos en equipos. 



  E a nosa festa de fin de curso...



   Para os que queirades repasar durante o verán aquí tendes uns enlaces para descargar cadernos de actividades:









martes, 9 de junio de 2015

O teu nome en graffiti




   O graffiti é unha arte urbana relacionada co hip hop. Consiste en pintar en muros con permiso e con pintura en sprais. 



 

  Tamén podes facer graffitis con estas aplicacións para o odenador. Así poderás graffitear o teu nome ou palabras que che molen:



     



jueves, 28 de mayo de 2015

Colins a tartaruga terrestre


   Hoxe tivemos unha visita sorpresa na clase. Hugo Carballo veu acompañado por unha mascota moi peculiar. Contounos quen é Colins, unha tartaruga africana terrestre, como vive, como pasa o seu tempo, que come e moitas cousas mais. Despois quiso ensinala en Ed. Infantil. 








  Queres facerlle un retrato? aprende como debuxar unha tartaruga de terra:



Modo caricatura:                                                                         Modo realista:



 

  Observa o que lles pasa as tartarugas de terra cando están ao revés pero teñen un amigo ao lado:




  Para rematar podes completar os seguintes puzzles:










Desexámoslle o mellor a Colins e que viva  moitos anos ! 

A cebra Camila, o concerto



  O mércores 3 de xuño iremos á Casa da Cultura para asistir ao concerto didáctico dos mestres da Escola de Música de Moaña: 





  Alí representarán cos seus instrumentos e moita música  o conto da Cebra Camila.

  Para que te vaia soando o conto, aquí tes o vídeo da súa historia:




Os instrumentos que soarán son os seguintes. Debes aprendelos ben para poder participar no espectáculo:




  É moi importante aprenderse esta canción e así poder cantala na representación:





                                 

E velaquí as imaxes da visita:













miércoles, 27 de mayo de 2015

Exipto


  O antiguo Exipto foi unha civilización que se comezou a formar hai 5000 anos, no 3150 a.c. (antes de Cristo). 







Os seus poboados construíronse ao longo do río Nilo.


 A persoa que tiña mais poder era o Faraón. Faraóns importantes foron Tutankamón, Nefertiti, Keops ou Cleopatra:





 



Os exipcios obtiñan os seus alimentos cultivando trigo, liño ou cebada e coidaban o gando.







 Cando morría alguén importante momificábano.












Algúns faraóns mandaron construir grandes pirámides para ser enterrados. as máis importantes son as grandes pirámides de Giza, mandadas construir polos Faraóns Keops, Kefrén e Mikerinos.



Os Exipcios crían en moitos deuses, que representaban con cabezas de animais.



  A súa escritura chámase xeroglífica. Moi poucas persoas sabían ler e escribir, por iso eran moi importantes os escribas.



 

















Podes comprobar o aprendido cos seguintes xogos:










domingo, 24 de mayo de 2015

A prehistoria







  Hai moito tempo, no pasado, as primeiras persoas vivían en covas, alimentábanse do que cazaban e vestíanse con peles de animais. Chámaronse homes de Neandertal, e Cromañóns









  Usaban ferramentas feitas con pedras e paus. 








Alimentábanse do que cazaban ou recollían das plantas.




Aprenderon a facer e utilizar o lume.

  Nas paredes das covas pintaban os animais que vían, escenas de caza ou marcaban as súas mans. 


  Co paso do tempo, foron aprendendo a cultivar a terra, coidar animais e construir cabanas.




  Aprende algo mais sobre época da humanidade con estes vídeos:






E para rematar podes entrar nos seguintes xogos: