martes, 11 de diciembre de 2012

TRABALLOS DE PRIMEIRO CICLO

Que fan os nenos e nenas
de 1º e 2º no mes de novembro?


  Están preparando un coro de nenos e nenas
que cantan mirando as
partituras e cunha cara
moi alegre.
Para iso necesitan:


1. Un rolo de papel hixiénico.
2. Un calcetín.
3. Cartolinas.
4. Papeis de cores.
 Estanse despedindo do outono.

 Pronto caerán 
estas follas,
 con estas cores
amarelas, vermellas,
marróns, verdes...
 E xa están preparando o Nadal.
As cometas están preparadas
para dicir adeus ao outono.

miércoles, 21 de noviembre de 2012

O OUTONO NO PRIMEIRO CICLO

Os nenos e nenas do Primeiro Ciclo 
estamos vivindo 
o outono



No outono recóllese o millo
e nós fixemos bonecos cos carozos.



No outono precisamos un paraugas
porque hai moitos días que chove.
Nós fixemos uns moi bonitos.



No outono recóllense cogumelos,
aquí tedes os nosos.


 No outono hai moitas froitas
que recoller.



Aquí tedes os nosos cestos
cheiños, cheiños
de castañas.



  REFRÁNS DO OUTONO

A horta do outono
mantén ao seu dono.

O verán de San Martiño,
son tres días
e máis un pouquiño.

Planta no outono
e terás para o ano todo.


O SAMAÍN
No  outono metémonos medo, 
con pantasmas,
morcegos,
con bruxas
e demos.







martes, 16 de octubre de 2012

OS XIRASOIS

O mércores, día 26 de setembro, 
os nenos e nenas do Primeiro Ciclo 
tivemos a sorte de ter con nós a Belén, 
a nai de Mario de 1º.



Xuntámonos todos na clase de 1º
para escoitar o que nos quería contar.


Viu falarnos sobre os xirasois.


Contounos moitas cousas interesantes,
como que as súas sementes son as pipas,
esas que tanto nos gustan.


E con elas faise aceite, xabrón,
cosméticos, combustible para coches ...






Tamén repartiu pipas dun xirasol
que nos trouxo á clase.





 Algúns de nós as imos plantar
para que nazan outros moitos xirasois.




Despois da visita de Belén,
na hora de plástica,


fixemos uns xirasois moi chulos
con plastilina e cores.




  Con todos os xirasois fixemos un mural
para decorar o corredor do cole,
ao que chamamos
"CAMPO DE XIRASOIS".



Grazas Belén!
Esperamos ter pronto  
outra visita interesante.
                                                                 


miércoles, 19 de septiembre de 2012

CURSO 2012-2013

Xa empezou un novo curso.
Aquí estamos os nenos e nenas de 
PRIMEIRO
Benvidos á nosa clase!


Agora en Primeiro
somos 14


Marina, Haidy, Daniel C., Inés,
Cynthia, Dianela, Joel, 
María, Daniel M., Mario,
Iria, Sergio, Hugo y Brais.




Cando chegamos, o día 12 de setembro,
vimos a clase moi bonita.
Estaba pintada, e todo moi ordeado.

Ese día xa fixemos moitas cousas.
Aos que viñan por primeira vez, 
ensinámoslle todo o Cole
e xogamos no patio.
 Temos moitas ganas de aprender 
moito, moito.
Sesi é a nosa profe


 AQUÍ ESTAMOS TODOS OS NENOS
E NENAS DO PRIMEIRO CICLO
 SOMOS 34 en TOTAL
 Pedro segue sendo o noso profe
de Educación Física.
 Xa visitamos o ximnasio
e corrimos moito.
 Aquí está a clase de Segundo
 Este curso empezamos cunha profe nova,
porque a nosa profe está enferma.
Chámase Lupe.
 Xa tiñamos ganas de empezar o Cole
 Estes días escribimos unha carta 
á nosa profe Montse.
Ela vainos contestar.

miércoles, 4 de julio de 2012

FIN DO CURSO 2011-2012

 O día 22 de xuño rematou o curso cun estupendo festival,
no que participaron todos os cursos.
Aquí estabamos todos os de Primeiro,
agás Alejandra que a despedimos onte.
 A nosa actuación foi a de Rata Linda en Compostela.
 Saíunos moi ben porque xa somos
grandes artistas.
 O festival foi no ximnasio e estaba cheo de nenos, nenas
e pais e nais.
 Fixéronnos moitas fotos.
 O conto ten un final feliz.
Agora imos xuntos a un lugar.
Que lugar?
Santiago de Compostela
por mirar a catedral.
Os alumnos/as de 2º iban caracterizados
para facer un rap.
 Levaban as camisetas que pintamos
para o correlingua.
 Fixeronno moi ben.
O rap falaba dos meses do ano.
 Cada neno ou nena era un mes.
E falando de meses,
ata o mes de setembro
que nos volveremos a ver.
Pero os de segundo en terceiro
e os de primeiro en segundo.
VIVAN AS VACACIÓNS!