O mércores, día 26 de setembro,
os nenos e nenas do Primeiro Ciclo
tivemos a sorte de ter con nós a Belén,
a nai de Mario de 1º.
Xuntámonos todos na clase de 1º
para escoitar o que nos quería contar.
Viu falarnos sobre os xirasois.
Contounos moitas cousas interesantes,
como que as súas sementes son as pipas,
esas que tanto nos gustan.
E con elas faise aceite, xabrón,
cosméticos, combustible para coches ...
Tamén repartiu pipas dun xirasol
que nos trouxo á clase.
Algúns de nós as imos plantar
para que nazan outros moitos xirasois.
Despois da visita de Belén,
na hora de plástica,
fixemos uns xirasois moi chulos
con plastilina e cores.
Con todos os xirasois fixemos un mural
para decorar o corredor do cole,
ao que chamamos
"CAMPO DE XIRASOIS".
Grazas Belén!
Esperamos ter pronto
outra visita interesante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario