martes, 31 de enero de 2012

EXPERIMENTOS coa AUGA (2ª parte)

O xoves, día 26, volvemos ter unha cita cos nosos experimentos.

Primeira actividade: Agardabamos o noso acuario baleiro. Raúl e Simón axudarnos a enchelo de novo.


Segunda actividade: Recordamos as disolucións que tiñamos feitas da semana pasada e aproveitamos para probar a auga + azucre: estaba doce! E a auga + sal: naturalmente que se notaba. Por fóra eran igual, pero polo sabor non.


Terceira actividade:
Fixemos  probas coas botellas e recipientes que tiñamos alí. Un litro, medio litro...


Cuarta actividade:
Un experimento máxico; metemos na auga un bote cun pano dentro. E... sorpresa! O pano non se mollou. Por que? Pois porque o aire non deixa entrar a auga.


Despois, soltamos o bote e vimos que saía o aire e entraba a auga.


E seguimos medindo a auga. Laura está enchendo unha botella de medio litro. 


Iker está comprobando canta auga cabe nun bote de cervexa. E máis ou menos ca medio litro?

E agora, a xogar...
É doado meter moedas nunha copiña que está dentro dun bote grande cheo de auga?
Pois vimos que non é tan fácil. Mirade como se concentran os nenos e nenas para encestar.

martes, 24 de enero de 2012

EXPERIMENTOS coa AGUA

O día 19 de xaneiro iniciamos o noso Proxecto sobre A Auga no Primeiro Ciclo. A profe Sesi preparou a súa clase para os 33 alumnos e alumnas. A profe Montse foi a encargada de preparar os materiais para os experimentos. Había moito ambiente, algúns nenos e nenas parecían científicos, con moitas gañas de aprender.



 Preparados,
listos,
    ..... xa!

Primeira actividade: Encher o acuario. Cantos litros caberán nel?
Utilizamos a botella máis grande que tiñamos, era de 2,5 litros e vimos que cabían 4 botellas. Así que o acuario é de 10 litros. Só botamos 7,5 litros porque senón estaría demasiado cheo.


Segunda actividade: Hai obxectos que flotan e outros que non flotan.
  • Os que flotan: Un pincel, unha madeira, unha laranxa, unha tapa de un bote, unha esponxa....
  • Os que non flotan: Un clip, un botón, unha canica. Tan pequeniños.... e non flotan!


Pensamos... Como poderíamos conseguir que floten estes obxectos? Pois poñéndoos en barquiños de papel, en tapas de botes, en bandeixas. Que guai!

Terceira actividade:
Hai cousas que se disolven na auga e outras non.
Collimos seis botes e botamos na auga sal e azucre. Bravo!, disólvense moi ben.
Despois botamos pementón, posos de café e aceite e non se disolven na auga.



Cuarta actividade: Botamos en dous frascos con auga un colorante. Nun azafrán que é de cor laranxa. Noutro un colorante morado. Logo puxemos un caravel branco en cada frasco. Agora hai que esperar uns días a ver se a frol cambia de cor.
Xa vos contaremos.