O día 19 de xaneiro iniciamos o noso Proxecto sobre A Auga no Primeiro Ciclo. A profe Sesi preparou a súa clase para os 33 alumnos e alumnas. A profe Montse foi a encargada de preparar os materiais para os experimentos. Había moito ambiente, algúns nenos e nenas parecían científicos, con moitas gañas de aprender.
Preparados,
listos,
..... xa!
Primeira actividade: Encher o acuario. Cantos litros caberán nel?
Utilizamos a botella máis grande que tiñamos, era de 2,5 litros e vimos que cabían 4 botellas. Así que o acuario é de 10 litros. Só botamos 7,5 litros porque senón estaría demasiado cheo.
Segunda actividade: Hai obxectos que flotan e outros que non flotan.
- Os que flotan: Un pincel, unha madeira, unha laranxa, unha tapa de un bote, unha esponxa....
- Os que non flotan: Un clip, un botón, unha canica. Tan pequeniños.... e non flotan!
Pensamos... Como poderíamos conseguir que floten estes obxectos? Pois poñéndoos en barquiños de papel, en tapas de botes, en bandeixas. Que guai!
Terceira actividade:
Hai cousas que se disolven na auga e outras non.
Collimos seis botes e botamos na auga sal e azucre. Bravo!, disólvense moi ben.
Despois botamos pementón, posos de café e aceite e non se disolven na auga.
Cuarta actividade: Botamos en dous frascos con auga un colorante. Nun azafrán que é de cor laranxa. Noutro un colorante morado. Logo puxemos un caravel branco en cada frasco. Agora hai que esperar uns días a ver se a frol cambia de cor.
Xa vos contaremos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario