jueves, 19 de abril de 2012

UNHA CLASE DE SALVAMENTO


O luns 16 de abril tivemos unha visita moi interesante.
Reunímonos todos os nenos e nenas do cole na Biblioteca. ´
Esperabanos alí José Durán que pertence a unha Unidade de
Salvamento de Galicia



 Foinos detallando todos os pasos para salvar a alguén que está en perigo.
Aquí ensinounos todas as maneiras posibles de dar a voz de alerta cando nos atopamos nunha situación perigosa.
 Hai sinais luminosas, sonoras e de moitos tipos.
Todos estaban moi atentos e desexando participar.
 Dunha forma moi clara indicounos os pasos a seguir nun rescate:
1. ALERTA
2. BÚSQUEDA
3. RESCATE
4. ATENCIÓN
5. TRASLADO
 Ao remate, coma sempre fixémonos fotos
 Regaláronnos unha pegatina e caramelos
a cada neno e nena.
Damos as grazas a José Durán por esta clase tan boa e porque seguro que algún ou algunha está pensando en ser RESCATADOR cando sexa maior.

lunes, 9 de abril de 2012

O día 28 de marzo reunímonos na Biblioteca do Centro para recibir a visita de VIRGINIA.

 Ela contounos quen era, onde nacera, cal era a súa profesión... é enxeñeira.
 Viña ensinarnos que é deseñar. Yoel tivo a sorte de que saío o seu número e fixo o seu deseño dun coche no ordenador de Virginia.
 Os demáis mirabamos e fixemos tamén o noso deseño na libreta.
 Éste é o deseño de Yoel.
 Éstes son outros deseños feitos a man.
 Todos estivemos encantados de ver que divertido e deseñar obxectos.
E ao final unha foto de todo o Primeiro Ciclo para recordar a súa visita.
Grazas Virginia.

A BUSCA DE POESÍAS POR TODO O COLE

O día 23 de marzo continuou a festa da POESÍA.  
Todos os nenos e nenas de Primaria tivemos que facer o traballo de buscar versos agochados polo patio do Cole.

 Cando conseguimos xuntar todos os versos reunímonos na pista para ordealos e construir a poesía.
 Despois cada curso recitou a súa.
Cada poesía era dunha cor diferente: vermella, laranxa, azul, verde, amarela...

UN VOLCÁN NA CLASE DE SEGUNDO

O día 23 de marzo Sara, unha alumna de 4º curso veu ao noso Ciclo a presentarnos un traballo moi interesante.

 Ela fixo na súa casa unha maqueta dun volcán.
 Explícounos como o fixera e ademáis demostrounos que o volcán podía entrar en erupción.
 Utilizou: bicarbonato sódico, vinagre e un colorante... E o volcán botaba lava.
Animounos a todos a ser científicos e científicas facendo experimentos na casa.