O luns 16 de abril tivemos unha visita moi interesante.
Reunímonos todos os nenos e nenas do cole na Biblioteca. ´
Esperabanos alí José Durán que pertence a unha Unidade de
Salvamento de Galicia
Foinos detallando todos os pasos para salvar a alguén que está en perigo.
Aquí ensinounos todas as maneiras posibles de dar a voz de alerta cando nos atopamos nunha situación perigosa.
Hai sinais luminosas, sonoras e de moitos tipos.
Todos estaban moi atentos e desexando participar.
Dunha forma moi clara indicounos os pasos a seguir nun rescate:
1. ALERTA
2. BÚSQUEDA
3. RESCATE
4. ATENCIÓN
5. TRASLADO
Ao remate, coma sempre fixémonos fotos
Regaláronnos unha pegatina e caramelos
a cada neno e nena.
Damos as grazas a José Durán por esta clase tan boa e porque seguro que algún ou algunha está pensando en ser RESCATADOR cando sexa maior.
No hay comentarios:
Publicar un comentario