jueves, 21 de noviembre de 2013

MAGOSTO



O venres día 15 de novembro celebramos o magosto no cole.
Este ano fixemos xogos con castañas.








Os nenos e nenas do 1º ciclo xogamos coa profe Elisa a un xogo que se chama “A castaña oculta”. Fixemos tres equipos, o xogo consistía en atopar castañas que estaban escondidas debaixo duns vasos. O gañador foi o equipo que conseguiu atopar máis castañas. 






Despois estivemos xogando ao “Baile da castaña” que nos preparou o profe Xosé Manuel, no que tiñamos que bailar por parellas.









En terceiro lugar, na pista, co profe Pedro xogamos a “Corre castaña”, que consistía en ir facendo unha xincana na que tiñamos que colocar tres castañas dentro duns aros e facelo no menor tempo posible.







Por último a degustación das castañas que asaron os profes Jose, Inés e Mari.
Estaban boísimas e pasamos un día moi divertido.

DELICIOSO SAMAÍN





Para celebrar o Samaín, os nenos e nenas do 1º ciclo fixemos postres terroríficos coa axuda dos nosos pais. Despois  explicamos aos compañeiros todo o proceso de elaboración. Finalmente todos e todas puidemos degustar eses terroríficos postres.















 Este ano os calacús que trouxemos das nosas casas foron realmente terroríficos. Tamén fixemos manualidades mounstruosas para decorar o corredor.






















martes, 15 de octubre de 2013

INAUGURAMOS A BIBLIOTECA





 A primeira semana de outubro, os nenos e nenas do primerio ciclo inauguramos a nos biblioteca de centro.







                                                                                 Alí estaba Dino esperándonos.





   Alí estivemos lendo as normas  da BE

A
Os nenos de 1º estreamos os nosos marcaespazos

jueves, 19 de septiembre de 2013

XOGOS NO PRIMEIRO CICLO


 Nos primeiros días de clase
fixemos xogos no patio.




 Xogamos ao gato e o ratón.
Tiñamos que escapar do gato.
Os compañeiros podíanos salvar.



Que ben traballan os nenos e nenas de 2º.