jueves, 21 de noviembre de 2013

MAGOSTO



O venres día 15 de novembro celebramos o magosto no cole.
Este ano fixemos xogos con castañas.








Os nenos e nenas do 1º ciclo xogamos coa profe Elisa a un xogo que se chama “A castaña oculta”. Fixemos tres equipos, o xogo consistía en atopar castañas que estaban escondidas debaixo duns vasos. O gañador foi o equipo que conseguiu atopar máis castañas. 






Despois estivemos xogando ao “Baile da castaña” que nos preparou o profe Xosé Manuel, no que tiñamos que bailar por parellas.









En terceiro lugar, na pista, co profe Pedro xogamos a “Corre castaña”, que consistía en ir facendo unha xincana na que tiñamos que colocar tres castañas dentro duns aros e facelo no menor tempo posible.







Por último a degustación das castañas que asaron os profes Jose, Inés e Mari.
Estaban boísimas e pasamos un día moi divertido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario