domingo, 3 de febrero de 2013

O DÍA DA PAZ



O día 30 de xaneiro celebramos,
como todos os anos,
O DÍA DA PAZ.
  Aroa escribiu isto:
"A festa foi no ximnasio.
Cada un levaba unha bandeira 
dun país.
Buscamos as nosas bandeiras."
Lía escribiu isto:
"Pintamos  unhas bandeiras.
 Unhas eran de países ricos
e outras eran de países pobres."
   Iago escribiu isto:
"A min tocoume do país rico 
e ao meu irmán tamén.
Que sorte!"



 Yoel escribiu isto:
"O día da paz foi moi divertido.
Paseino moi ben. 
A min tocoume ser
dun país rico que era
NORUEGA."



 Simón escribiu isto:
"Había tres mesas con pouca comida.
e outras dúas con moita comida.
A mín tocoume ser dun país rico.
Pero isto era inxusto"

O profe Odilo explicounos 
esta actividade chamada:
O BANQUETE DO MUNDO.
Os nenos e nenas dos países pobres berraban:
"Isto é inxusto."
Pero había unhas organizacións
que axudaban aos países pobres.


 As profesoras e profesores,
fixeron o traballo destas
organizacións:
Facer máis xustiza 
e compartir os alimentos.
Así todos comimos cousas ricas.
 Uxía escribiu isto:
"Cantamos unha canción de Luar na Lubre
que dicía seis cousas que 
lles poñían mal:
as guerras, fame, desigualdade,
enfermidade, desolación e morte."



Adrián escribiu isto:
"Fixemos o Banquete do mundo
e bailamos e cantamos a canción.
Isto é o que máis me gustou 
e que lle deran aos pobres comida."

No hay comentarios:

Publicar un comentario