lunes, 29 de abril de 2013

AS CAIXAS DE MÚSICA

O día 26 de abril saímos para
o Auditorio de Quintela.

 A Escola Municipal de Música 
de Moaña.
como cada ano, 
vainos dar un Concerto.
 Saimos moi contentos do Cole.
 Vemos a María coma unha nube,
porque movíase moito.
Ela era quen abría as caixas. 
 Cada caixa, tiña unha cor,
un obxecto, unha historia e unha melodia.
 Os nenos e nenas do Cole Abelendo
sabiamos a música e a letra
e cantamos moito.
                               "Verde. branca, azul...
que terán as caixas,
achégome amodiño.
xa coñezo o camiño".


 Ao remate do Concerto, 
os músicos están encantados
de que fagamos fotos con eles. 


Grazas a María, Lino, 
Susi, David e Salva.



domingo, 21 de abril de 2013

TEATRO EN INGLÉS

Aquí vemos algunhas imaxes
do Teatro en Inglés.
Saíron algúns nenos e nenas
a cantar e bailar ao escenario.








 Aquí imos saíndo do Auditorio
para voltar ao Cole.
Tivemos que saír por orde
xa que había 6 autobuses.
 Fixo moi bo día.
 Subimos ao autobús


 E aquí estamos todos contentos.




 De volta ao cole aínda tivemos 
o recreo e a merenda, 
antes de volver ao traballo.

jueves, 18 de abril de 2013

TEATRO EN INGLÉS

O día 16 de abril fomos ao teatro
ao Auditorio de Cangas.
 Era un teatro especial, había un protagonista principal
 e con el, un tigre, unha pantera, un oso,
 dous monos e unha serpe.
E o máis especial é que era en inglés.

miércoles, 10 de abril de 2013

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

O venres, día 5 de abril,
chegou á 
BIBLIOTECA DO NOSO COLE
unha visita moi especial:
ANXO MOURE
É que abril é o mes dos libros
e na Biblio sempre hai sorpresas.


 Comenzou dicíndonos
que non era humano.
El era un CARBALLO CON BOTAS.
 Fíxonos rir e pensar,
xogar e movernos,
escoitar e facer rimas,
disfrazarnos e bailar.
 Traía moitas cousas nun cesto.
 Aitana bailou ao ritmo da súa frauta.
 Raúl converteuse nun paxariño
que falaba e lle contestaba
as súas preguntas.


Agradecímoslle a súa visita,
démoslle un aplauso forte
e tamén un agasallo,
recordo do Cole Abelendo.
E quedamos cos seus consellos 
no noso corazón:
NENOS E NENAS
ESCOITADE A NATUREZA.
HAI QUE COIDAR OS BOSQUES!