O venres, día 5 de abril,
chegou á
BIBLIOTECA DO NOSO COLE
unha visita moi especial:
ANXO MOURE
É que abril é o mes dos libros
e na Biblio sempre hai sorpresas.
Comenzou dicíndonos
que non era humano.
El era un CARBALLO CON BOTAS.
Fíxonos rir e pensar,
xogar e movernos,
escoitar e facer rimas,
disfrazarnos e bailar.
Traía moitas cousas nun cesto.
Aitana bailou ao ritmo da súa frauta.
Raúl converteuse nun paxariño
que falaba e lle contestaba
as súas preguntas.
Agradecímoslle a súa visita,
démoslle un aplauso forte
e tamén un agasallo,
recordo do Cole Abelendo.
E quedamos cos seus consellos
no noso corazón:
NENOS E NENAS
ESCOITADE A NATUREZA.
HAI QUE COIDAR OS BOSQUES!
No hay comentarios:
Publicar un comentario