miércoles, 19 de junio de 2013

QUERIDOS AVÓS

O día 19 de xuño os alumnos e alumnas
de 1º e 2º de Primaria
do noso Cole,
invitamos aos nosos avós 
a unha obra de teatro
titulada:
"QUERIDOS AVÓS"




 A obra escribímola entre todos, 
pois cada un foi dicindo 
algo que fai cos seus avós.
 Eramos 33 actores e actrices
que fomos dicindo moitas
cousas bonitas dos nosos avós.
 "Os avós son como unha neveira 
ou unha despensa, 
pero mellor,
porque ás veces vas a neveira 
e xa se acabou o chocolate,
pero o cariño dos avós 
non se acaba nunca".


Ao final dimos un aplauso aos nosos avós
e eles déronnos outro a nós.
Despois fomos ver os debuxos 
que fixemos
dos nosos avós.

martes, 18 de junio de 2013

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Todos os alumnos e alumnas
de Primaria do CEIP ABELENDO,
chegamos ao
PARQUE ARQUEOLÓXICO RUPESTRE
DE CAMPO LAMEIRO. 


 Ibamos preparados con chubasqueiros, 
mochilas, comida...




 En fila e preparados para
empezar a nosa visita.
 O primeiro foi deixar as mochilas
nun lugar axeitado.
 Dividímonos en tres grupos para facer:
Visita aos petroglifos,
Visita ao Museo e
Obradoiros.
 Aquí estamos co monitor Juan,
o grupo de 2º e 4º,
visitando o Museo.
Explicándonos as formas 
dos petroglifos.
 Cabaña feita hai catro mil anos.
 O noso obradoiro foi o de 
Pintura rupestre.




 A nosa monitora de pintura: Ana



 Preparando as pinturas.


 Ao non poder saír, por mor da chuvia,
vimos un video dos petroglifos.
 E despois, a monitora Elena,
explicounos moitas cousas,
dunha exposición de armas,
cerámicas, cestos,  peles e de como 
conseguían facer lume. 





Aínda que o día foi moi malo,
gustounos moito visitar 
este Museo e aprendimos
moitas cousas.