miércoles, 19 de junio de 2013

QUERIDOS AVÓS

O día 19 de xuño os alumnos e alumnas
de 1º e 2º de Primaria
do noso Cole,
invitamos aos nosos avós 
a unha obra de teatro
titulada:
"QUERIDOS AVÓS"




 A obra escribímola entre todos, 
pois cada un foi dicindo 
algo que fai cos seus avós.
 Eramos 33 actores e actrices
que fomos dicindo moitas
cousas bonitas dos nosos avós.
 "Os avós son como unha neveira 
ou unha despensa, 
pero mellor,
porque ás veces vas a neveira 
e xa se acabou o chocolate,
pero o cariño dos avós 
non se acaba nunca".


Ao final dimos un aplauso aos nosos avós
e eles déronnos outro a nós.
Despois fomos ver os debuxos 
que fixemos
dos nosos avós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario