O
venres día 15 de novembro celebramos o magosto no cole.
Este
ano fixemos xogos con castañas.
Os
nenos e nenas do 1º ciclo xogamos coa profe Elisa a un xogo que se chama “A
castaña oculta”. Fixemos tres equipos, o xogo consistía en atopar castañas que
estaban escondidas debaixo duns vasos. O gañador foi o equipo que conseguiu
atopar máis castañas.
Despois
estivemos xogando ao “Baile da castaña” que nos preparou o profe Xosé Manuel,
no que tiñamos que bailar por parellas.
En
terceiro lugar, na pista, co profe Pedro xogamos a “Corre castaña”, que
consistía en ir facendo unha xincana na que
tiñamos que colocar tres castañas dentro duns aros e facelo no menor tempo
posible.
Por
último a degustación das castañas que asaron os profes Jose, Inés e Mari.
Estaban
boísimas e pasamos un día moi divertido.