lunes, 2 de febrero de 2015

O tulipán holandés




  Esta semana tivemos unha boa nova, Hugo Carballo tróuxonos á clase un bulbo de tulipán, unha planta que viaxou dende Holanda.


Campos de cultivo de tulipáns en Holanda. 

  Os tulipáns son plantas moi apreciadas pola fermosura da súa flor. Holanda é famosa pola súa produción. Case o 87% dos tulipáns do mundo proceden deste país.


   A flor do tulipán é moi especial por distinguirse moi ben as súas partes. Podes apreciar nesta imaxe o pistilo, os estames e a corola con todos os pétalos:



 Con esta grata sorpresa, decidímonos platar o bulbo para ver de que cor era esa flor tan desexada. 

Que precisamos?


 O bulbo 
 Terra 


 E un tarro 

 Comezamos a plantar. Os pasos que seguimos foron:

1. Poñemos a terra sen encher a maceta: 


2. Colocamos o bulbo hacia arriba, 
para que as raíces medren por abaixo e o talo cara arriba. 


3. Cubrimos o bulbo con terra, sen apretala moito.


 4. Regamos con auga abundante pero sen afogar a planta:



5. E a agardar a que medre:
    


   Iremos colgando as fotos do proceso de crecemento do noso tulipán holandés pero, para que a espera non se faga pesada, apetéceche facer un tulipán de papel?



  Pasados xa vinte días, despóis de moitos mimos e coidados, o bulbo comeza a medrar.Con tremenda sorpresa Adán e Hugo fixéronnos uns bonitos debuxos. Mirade que ledicia:








30 días...




40 días







despois da semana santa e con dous meses e 10 días (70 días)





  Na clase pega moito o sol e pode que o noso tulipán precise menos luz. A súa cor está cambiando agardamos que non lle afecte o seu crecemento. (80 días)











  

No hay comentarios:

Publicar un comentario