miércoles, 25 de marzo de 2015
Os gladiolos
Despois da experiencia acadada co tulipán holandés Erik trouxo a clase dous bulbos de Gladiolo. Dixo que mercara 10 bulbos a 2 € e a nós pareceunos un bo choio.
Os gladiolos son plantas moi apreciadas polas súas coloridas flores.
Puxemos terra:
Colocamos os bulbos:
Regamos:
E... a agardar:
Así lucen ao final das vacacións:
Medran rápido, mira como están unha semana despois.
Os gladiolos tamén son moi apreciados polos artistas. Vincent Van Gogh non so pintou xirasois, mira o seu cadro titulado "Floreiro con gladiolos"
Xoguetes recortables
Con só unhas tixeiras, cores, un pegamento e moitas ganas podemos facer os nosos propios xoguetes.
Imprimindo estes patróns e con coidado ao recortar, seguro que pasas un bo rato construíndo e xogando:
(ver instrucións de impresión ao final)
Pasadas unhas semanas velaquí o resultado:
Podes atopar mais patróns en:
Traede o resultado a clase para que poidamos velo : )
Para imprimir en tamaño folio A4 é necesario descargar a imaxe pulsando botón dereito sobre a imaxe.
Logo seleccionamos "Gardar imaxe como..." e "aceptar", así descargamos a imaxe ao noso ordenador.
A que debemos imprimir para que saia a tamaño A4 é a imaxe que descargamos.
---> Se imprimimos directamente dende o blog pode ser que a imaxe saia mais pequena.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)