viernes, 13 de marzo de 2015

Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra


  

  Hoxe, 13 de Marzo fumos de excursión ao Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra.  Celébrase dende o 27 de febreiro ata o 28 de Marzo.




   Íamos moi contentos porque estreábamos un bus saído de fábrica, con cinturóns de seguridade e sillóns de pel.

  Neste salón pódense desfrutar de moitas e moi variadas actividades (obradoiros, contacontos, etc). Se non sabes que facer unha tarde ou unha fin de semana, de seguro que atopas algo interesante na programación do salón. Os sábados e domingos abren tamén o salón de xogos e un planetario moi recomendable. Se ides con tempo non teredes problemas para inscribirvos nas actividades.


Preme na imaxe e visita a súa web 

 Salón do libro

  Para combinar co Salón do libro e pasar un día entretido, nestas datas celébranse tamén en Pontevedra as Noites Abertas con actividades, cursos, pasarúas, concertos nas prazas, rutas polo Lérez, adestramento de cans, etc.  Hainas de noite pero tamén polo día. Descárgate a App ou consulta as actividades na súa web:






No hay comentarios:

Publicar un comentario