viernes, 24 de febrero de 2012

O ENTROIDO EN ABELENDO



A semana do entroido na clase de 2º fixemos uns antefaces moi bonitos.

Están feitos con dúas mans.

Gústanvos?


O día 17 antes de saír ao desfile por Abelendo.


 Xa na pista, fixemos fotos cada ciclo. Preparados para saír ata San Martiño.

 No adro de de San Martiño, descansamos e ... outra sesión de fotos.
Xa de volta ao Cole cantamos a canción e a comer filloas e orellas.
A nosa canción deste ano:

Festa, festa,
o entroido xa comeza.
Ven Abelendo, ven, ven a Abelendo.

Filloas e orellas
para a merenda.
Ai que delicia! Ai, ai que delicia!
O 17 de febreiro
da lugar a unha festa especial.
Con risas e antifaces
xogaremos ata cansar.

Festa, festa ...

Co noso "disfraz" posto
bailaremos polo lugar.
A xente virá connosco
a cantar e a bailar.

Festa, festa...

miércoles, 22 de febrero de 2012

O ENTROIDO 2012

 O xoves, día 16, estivemos na clase de Primeiro facendo caretas.
 As caretas de vaqueiro, de pirata e de india, foron as preferidas.





jueves, 16 de febrero de 2012

NEGROS E BRANCOS

Os de primeiro fixemos esta Parábola de Paz
Titúlase
NEGROS E BRANCOS
Con ela celebramos o día da Paz
30 de xaneiro de 2012




miércoles, 1 de febrero de 2012

QUE VIVA A PAZ E O AMOR

O día 30 de xaneiro celebramos no cole o DÍA MUNDIAL DA PAZ.
Durante a semana fixemos cada clase unha Parábola sobre a Paz. Expuxémolas no corredor.
Ao final da mañá fomos todos os nenos e nenas á pista.
Fixemos dous círculos, un para Educación Infantil e outro para nós os de Primaria.


 Cantamos xuntos a canción da PAZ
que levabamos toda a semana practicando nas clases.

 


Cantemos collidos das mans este son: Que viva a PAZ e o AMOR!




Xuntémonos todos, cantemos en PAZ: Que viva a PAZ e o AMOR!

Unamos as razas, non importa a cor:
 Que viva a PAZ e o AMOR!


 Que todos os nenos levanten as mans,
que todos os nenos levanten a voz:
Máis guerras non!
Máis odios non!
Que viva a PAZ e o AMOR!

Que viva a PAZ e o AMOR !