viernes, 24 de febrero de 2012

O ENTROIDO EN ABELENDO



A semana do entroido na clase de 2º fixemos uns antefaces moi bonitos.

Están feitos con dúas mans.

Gústanvos?


O día 17 antes de saír ao desfile por Abelendo.


 Xa na pista, fixemos fotos cada ciclo. Preparados para saír ata San Martiño.

 No adro de de San Martiño, descansamos e ... outra sesión de fotos.
Xa de volta ao Cole cantamos a canción e a comer filloas e orellas.
A nosa canción deste ano:

Festa, festa,
o entroido xa comeza.
Ven Abelendo, ven, ven a Abelendo.

Filloas e orellas
para a merenda.
Ai que delicia! Ai, ai que delicia!
O 17 de febreiro
da lugar a unha festa especial.
Con risas e antifaces
xogaremos ata cansar.

Festa, festa ...

Co noso "disfraz" posto
bailaremos polo lugar.
A xente virá connosco
a cantar e a bailar.

Festa, festa...

No hay comentarios:

Publicar un comentario