miércoles, 1 de febrero de 2012

QUE VIVA A PAZ E O AMOR

O día 30 de xaneiro celebramos no cole o DÍA MUNDIAL DA PAZ.
Durante a semana fixemos cada clase unha Parábola sobre a Paz. Expuxémolas no corredor.
Ao final da mañá fomos todos os nenos e nenas á pista.
Fixemos dous círculos, un para Educación Infantil e outro para nós os de Primaria.


 Cantamos xuntos a canción da PAZ
que levabamos toda a semana practicando nas clases.

 


Cantemos collidos das mans este son: Que viva a PAZ e o AMOR!




Xuntémonos todos, cantemos en PAZ: Que viva a PAZ e o AMOR!

Unamos as razas, non importa a cor:
 Que viva a PAZ e o AMOR!


 Que todos os nenos levanten as mans,
que todos os nenos levanten a voz:
Máis guerras non!
Máis odios non!
Que viva a PAZ e o AMOR!

Que viva a PAZ e o AMOR !

No hay comentarios:

Publicar un comentario