Aí estabamos todos os de primeiro e segundo esperando con moito interese.
Que nos tería preparado a profe Sesi?
Primeiro vimos como flotaban os icebergs no noso océano.
Tocamos o xeo e notamos como se convertía en auga líquida.
Caían gotas, gotas, gotas...
Tamén vimos a auga líquida converterse en vapor.
Agora, botamos deterxente en auga e despois...
Burbullas, e máis burbullas...
Caían pola mesa e aínda podíamos estar hoxe alí soprando.
Coa agua quente, metímola nun bote, botámoslle témpera vermella. E fixemos...
un volcán dentro da auga, porque a auga quente tende a subir. Isto chámase un "geiser".
Ao final vimos como as flores de papel abríanse na auga. Parecían nenúfares.
Así rematamos a sesión de experimentos. Ata a próxima.
No hay comentarios:
Publicar un comentario