O xoves, día 15 de marzo, continuamos o Primeiro Ciclo cos nosos experimentos coa auga.
A profe Sesi preparounos outro "geiser"
Necesitamos:
1. Auga quente nunha botella pequena. Mellor
sé e de cristal para que
non flote.
2. Colorante, témpera pode valer, para poder ver o efecto da auga.
Todos mirabamos, a ver que pasaba...
O "geiser verde", resultou ter pouca forza, pero todos vimos de cerca como a auga quente subía.
Comprobamos que os científicos, teñen que facer moitas probas e non cansarse nunca, para poder demostrar cousas importantes.
Vimos outro experimento.
Nunha botella había unha pegatina. Era unha foto de de dous surfistas. Se mirabamos a través da botella baleira, víase con poucos detalles, pero cando enchemos a botella de auga, viamos moi ben a foto.
Conclusión:
A auga fai o efecto dunha lupa, amplía o tamaño.
Para terminar a sesión vimos un video sobre o uso responsable da auga.
O protagonista chamábase "GOTÍN" e parecíase a nós,
o día do Entroido, porque era unha gota de auga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario