O día 14 de maio, o cole participou no CORRELINGUA
Chegamos cos panos laranxas, coas nosas
camisetas pintadas e as nosas mochilas.
O punto de encontro era na Xunqueira.
Empezaron a chegar rapaces e rapazas
de moitos coles do Morrazo, máis de mil.
Para recuperar forzas merendamos
e así tamén levaríamos menos peso na marcha.
Fixémonos fotos na Xunqueira.
Empezamos a camiñar polas rúas de Moaña,
pareciamos un río de nenos e nenas.
Ese día, os coches apartaron
e nós ibamos polo medio da rúa.
Chegamos á Praza de Abastos para celebrar
a festa do galego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario