sábado, 9 de marzo de 2013

EN FEMININO

O día 8 de marzo,
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
No cole celebrámolo
o día 7 de marzo.


 Como tantas outras veces,
a Biblioteca do Centro
preparouse para acoller unha visita.

Visitounos unha actriz chamada
CASILDA ALFARO.

 Vimos un video onde aparecía ela
en algunhas das súas películas.
Quedamos todos admirados,
porque non parecía ela.

 Falounos do traballo no cine, na televisión
 e no teatro que ela fai.
 Despois fixemoslle moitas preguntas:
Por que as mulleres non podían facer teatro?
Que pasa se un ten alerxia á maquillaxe?
Cal foi o seu primer traballo?
Cal foi o traballo máis difícil?
...

Houbo moito interese neste dobre
tema: o mundo do teatro e o cine 
e o tema das mulleres.
Recollemos algúns datos de Casilda Alfaro
e damoslle as grazas por vir ao noso Cole


Casilda Alfaro, actriz e pedagoga galega, 
forma parte de Teatro de Ningures 
(Cangas, Pontevedra),
 desde  a súa creación a mediados dos oitenta. 
Traballou non só no teatro, senón tamén na televisión e no  cine. 
Interviu en películas como Los lunes al sol e en series como Libro de familia.



S



No hay comentarios:

Publicar un comentario