domingo, 17 de marzo de 2013

LENDO BANDA DESEÑADA


Desde hai tres semanas, 
os nenos e nenas 
de Primeiro Ciclo
imos á Biblioteca do Cole
para ler os libros 
de banda deseñada.



 Na Biblioteca hai unha exposición
que recolle moitos libros de banda deseñada.


 Cada un escolle un libro dos que
máis lle gusta. 
E poñemos un marcapáxinas
para seguir lendo o próximo día.


A Roi e a Adrián gústalles Lucky Luke.


Nati e Laura están lendo a Mafalda.
Pásano moi ben con ela. 
Tamén Aroa le Mafalda.



Aquí están os afeccionados á banda deseñada MANGA,
que é a que escriben os xaponeses.


 Diego e Iago len a Tintín.



 Uxía está lendo a Zipi e Zape e Aitana a Mafalda.


 Os de Segundo imos os martes.



 Os de Primeiro imos os xoves.


 A todos
gústanos moito ir a Biblioteca.


 Estes personaxes da banda deseñada,

son simpáticos, intelixentes e aventureiros.




 Estamos aprendendo... 
Despois faremos historietas
con algún personaxe que 
inventemos nós.



No hay comentarios:

Publicar un comentario