jueves, 30 de abril de 2015
miércoles, 22 de abril de 2015
Os buscadores de tesouros HAI 3 TESOUROS EN ABELENDO
Agora que chega o bo tempo seguro que che gustaría atopar algún tesouro escondido.
Geocaching é un xogo na natureza ou ao aire libre que podes practicar sempre acompañado dun adulto e dun móbil. Só tendes que baixar a aplicación para móbil na seguinte web:
Alguén esconde un tesouro e dá as cordenadas GPS na aplicación ou na web para que poidas atopalo.
O tesouro está escondido nalgures, dentro dunha bolsa ou dun táper. Alí hai unha libreta donde os que o atopan escriben a data e o seu nome.
Tamén hai regalos de pequeno valor, que se colles debes deixar outro de valor semellante
Preto do noso cole hai tres tesouros especiais para @s nen@s de Abelendo. Corre a atopalos que algún xa os atopou:
Houbo quen os descubreu pero aínda seguen alí, mirade as fotos:
A aplicación que debedes descargar na Playstore do móbil é a seguinte:
Queres comezar a buscar? mira o seguinte vídeo para coñecer o xogo:
E a atopar tesouros.
Podes facerte unha foto co tesouro e enviala a cabohome@hotmail.es poñendo no asunto: Geocaching. para poder colgala neste blog.
Ou tamén podes agochar o teu propio tesouro.
Día do libro
Como podedes ver en Bloguelendo, no blog da biblioteca, durante todo o mes de Abril fixemos moitas actividades relacionadas cos libros.
É por iso que o día do libro, o 23 de Abril, cantaremos con Paco Nogueiras.
Clicando na seguinte imaxe poderás escoitar fragmentos das cancións de seu libro-cd Brinca Vai .
Tamén podes ver vídeos e consultar mais información na súa web:
jueves, 9 de abril de 2015
Manualidades robóticas
A volta das vacacións deunos unha gran sorpresa. Aproveitando o comezo dos obradoiros que faremos os venres de todo este mes, e coa axuda de Loreto, na clase tamén quixemos facer o noso propio taller de robótica.
Seguimos como exemplo este robot elaborado con caixas forradas de papel de aluminio e tapóns de plástico do blog masquehermanas.blogspot.com.es pero démoslle o noso toque persoal. Mirade:
lunes, 6 de abril de 2015
A multiplicar con Miliki
Miliki, o paiaso español máis famoso, deuse a coñecer co programa "El gran circo de TVE" donde actuaba cos seus irmáns Gabi e Fofó e que de seguro vían os teus pais.
A súa familia xa traballaba nos circos, o seu pai foi tamén paiaso e a súa nai trapecista.
Antes de morrer en novembro de 2012, deixounos moitas cancións coñecidas:
Ademais tamén escribiu libros, actuou en películas e gravou discos como o das táboas de multiplicar:
Un
As paisaxes
Unha paisaxe é o terreo que vemos ao noso arredor. Na paisaxe existen elementos naturais (propios da natureza) e elementos artificiais (creados polas persoas):
Como xa vimos no vídeo anterior hai varios tipos de paisaxes; de montaña, de costa, de chaira:
Pero no planeta Terra tamén podemos atopar outros tipos de paisaxes distintos.
Como os desertos, paisaxes nas que a choiva é moi escasa:
Podes colorear as seguintes paisaxes co teu ordenador ou coa túa tablet:
Para finalizar as nosas investigacións sobre as distintas paisaxes, realizamos un experimento. Elaborado cunha caixa transparente na que introducimos pedras, terra, area e algunha rama que semellaba unha árbore.
Tiñamos unha paisaxe desértica, na que non había auga. Así que botamos auga cunha regadeira imitando a choiva.
A auga desplazouse dende as montañas ata a terra, unha gran cantidade filtrouse polo terreo formando acuíferos de auga subterránea, o resto formou lagos ou algún río que baixou á parte donde había terreo mais baixo e alí comezouse a formar un mar.
Pouco a pouco e coa subida do mar apareceu unha illa, un acantilado e ata unha praia. Nunha paisaxe montañosa agora tiñamos unha paisaxe de costa.
Con este experimento comprendemos mellor algún dos cambios que se producen na paisaxe. E rematamos provocando unha inundación e un Tsunami.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)