miércoles, 22 de abril de 2015

Os buscadores de tesouros HAI 3 TESOUROS EN ABELENDO



  Agora que chega o bo tempo seguro que che gustaría atopar algún tesouro escondido.



   Geocaching é un xogo na natureza ou ao aire libre que podes practicar sempre acompañado dun adulto e dun móbil. Só tendes que  baixar a aplicación para móbil na seguinte web:



  Alguén esconde un tesouro e dá as cordenadas GPS na aplicación ou na web para que poidas atopalo.






   O tesouro está escondido nalgures, dentro dunha bolsa ou dun táper. Alí hai unha libreta donde os que o atopan escriben a data e o seu nome.

  

 Tamén hai regalos de pequeno valor, que se colles debes deixar outro de valor semellante  



   Preto do noso cole hai tres tesouros especiais para @s nen@s de Abelendo. Corre a atopalos que algún xa os atopou:







Houbo quen os descubreu pero aínda seguen alí, mirade as fotos:






A aplicación que debedes descargar na Playstore do móbil é a seguinte:





Queres comezar a buscar? mira o seguinte vídeo para coñecer o xogo:





  E a atopar tesouros. 

  Podes facerte unha foto co tesouro e enviala a cabohome@hotmail.es poñendo no asunto: Geocaching.  para poder colgala neste blog. 

Ou tamén podes agochar o teu propio tesouro.









No hay comentarios:

Publicar un comentario