Unha paisaxe é o terreo que vemos ao noso arredor. Na paisaxe existen elementos naturais(propios da natureza) e elementos artificiais (creados polas persoas):
Como xa vimos no vídeo anterior hai varios tipos de paisaxes; de montaña, de costa, de chaira:
Pero no planeta Terra tamén podemos atopar outros tipos de paisaxes distintos.
Como os desertos, paisaxes nas que a choiva é moi escasa:
Deserto do Gobi
Deserto do Sahara
Deserto de Arizona
Deserto polar, na Antártida
Podes colorear as seguintes paisaxes co teu ordenador ou coa túa tablet:
Ou practicar con estes xogos:
Para finalizar as nosas investigacións sobre as distintas paisaxes, realizamos un experimento. Elaborado cunha caixa transparente na que introducimos pedras, terra, area e algunha rama que semellaba unha árbore.
Tiñamos unha paisaxe desértica, na que non había auga. Así que botamos auga cunha regadeira imitando a choiva.
A auga desplazouse dende as montañas ata a terra, unha gran cantidade filtrouse polo terreo formando acuíferos de auga subterránea, o resto formou lagos ou algún río que baixou á parte donde había terreo mais baixo e alí comezouse a formar un mar.
Pouco a pouco e coa subida do mar apareceu unha illa, un acantilado e ata unha praia. Nunha paisaxe montañosa agora tiñamos unha paisaxe de costa.
Con este experimento comprendemos mellor algún dos cambios que se producen na paisaxe. E rematamos provocando unha inundación e un Tsunami.
No hay comentarios:
Publicar un comentario